Ourense, cidade das Burgas

Na páxina web do Concello de Ourense pódese ler:

Ourense, capital termal. Os seus mananciais a bo seguro exerceron unha profunda atracción aos romanos que se asentaron no fértil val.

A cidade de Ouro. Así a chamaron e aínda que hai moitos anos que o Miño non deixa nas súas ribeiras o desexado metal, os ourensáns parecen ter descuberto un tesouro aínda máis valioso: o tempo. Un tempo para compartilo con eles, pasear polas súas rúas e parques,relaxarse nas termas e perderse polo casco antigo non ten prezo. Porque esta cidade esta chea de xoias. Cruzar a súa Ponte Romana, subir a Ponte do Milenio, tocar a auga das Burgas, asombrarse co Santo Cristo na Catedral é toda unha experiencia que lle invitamos a coñecer.

En fin, que estaremos todos dacordo en que o bo estado das Burgas e o seu entorno deberían ser unha prioridade para calquer ourensán, debería, pero sempre hai alguén capaz de vender que planta tréboles no monte e xustifica o estado das Burgas alegando calquera esperpento.

Aquí podedes ver como estaban os xardíns que rodean á fonte no seu momento, e era sinxelo ver os fins de semana moitas parellas de recén casados sacando as fotos da voda neste recuncho da cidade

0 comentarios: